UN sendeiro lineal en forma de “C” cuxo inicio e final están unidos por un camiño, fóra da ruta homologada, que permite regresar ao inicio.
O comezo sitúase na carballeira do Lugar da Feira onde antigamente se celebraba unha feira tradicional. A ruta sae da aldea a través de camiños cercados polos muros de casas solarengas que son testemuña do esplendor que tivo esta zona no pasado: a Casa da Barreira e la Casa da Veiga, magníficas mostras da arquitectura tradicional da pequena fidalguía agraria.Antes de comezar o ascenso poderemos tomar alento na Área recreativa de Penas de Rodas, nesta singular formación rochosa hai que achegarse ás dúas xigantescas rochas graníticas que parecen querer rodar pola pendente.
De camiño cara ao monte da Cruz de Paraños pasaremos polas estivadas que o circundan (terreos de monte de propiedade comunal que eran queimados e logo sementadas con cereal).
Ao chegar á cima (613 m) teremos unha panorámica completa da planicie da comarca da Terra Chá. O suave descenso achegaranos de novo ás aldeas onde os casaríos illados con poderosas chemineas e rodeadas de amplos terreos amenizarannos o último tramo do camiño.