segunda-feira, 22 de abril de 2024
FIN DE SEMANA ENTRE O MIÑO E AS CIES.
Xa pensabamos que non poderíamos facer a saída prevista para a fin de semana do 25 e 26 de maio:non había hoteis para 40/50 persoas por ningures e houbo que ir cambiando as rotas percurando disponibilidade. Por fin semella que conseguimos unha oferta atractiva.
O sábado 25 faremos a rota prevista camiñando poo rio Tea cara ao Miño e rematando en Salvatera onde podemos saudar á viciñanza do sur e, mesmo, cmpartir unhas cervexas.
Máis tarde o autobús trasladáranos aos areais de Cangas na percura de María Soliña e ficaremos no Hotel Airiños onde cearemos, descansaremos e darannos o avituallamento para facer o rota de Liméns e a costa da Vela desde onde poderemos saúdar As Cies desde Cabo do Home.
SABADO 25: SENDA RÍO TEA. PONTEAREAS/SALVATERRA.17 QUILOMETROS(DOADA)
DOMINGO 26: LIMÉNS, COSTA DA VELA,DONÓN.(16 QUILÓMETROS(DOADA)
quarta-feira, 3 de abril de 2024
CAMIÑANDO POLO RÍO XESTA
A rota da Fraga do Barragán continúa asolagada e para a próxima semana dan máis auga daquela hai que seguir procurando alternativas.
Desta vez os nosos andares van cara ao Concello de A Lama, un dos máis altos de Pontevedra. Entre a serra do uído,o Cando e o Seixo temos unha paisaxe de vales e montañas suaves que agochan tesouros como a fervenza da Freixa, o Santuario do Cirsto de Xende, a ponte de Liñares e o camiño real entre carballeiras.
DOMINGO 28. SAÍDA ÁS 9
Assinar:
Postagens (Atom)
BENVIDO 2025: ROTA DO DUBIO + COCIDO
Como sempre para empezar o ano e liberarse das comidas do Nadal, temos a rota do cocido. Este ano tócalle á contorna de Baralla: acompañand...
-
SENDEIRISMO 2025 26 DE XANEIRO,DOMINGO; ROTA DO DUBIO.(BARALLA). COCIDO NO RESTAURANTE PRADOS DE O CORGO. 23 DE FEBREIRO. DOMINGO: MIRADOI...
-
PRIMEIRO TRIMESTRE 2024 + COCIDO TOCANDO MADEIRA RETOMAMOS AS ROTAS ONDE AS DEIXAMOS EN XUÑO: SETEMBRO 29: ROTA DAS ALMIÑAS E OS PASOS ...
-
Como sempre para empezar o ano e liberarse das comidas do Nadal, temos a rota do cocido. Este ano tócalle á contorna de Baralla: acompañand...