quinta-feira, 1 de fevereiro de 2024

ROTA DAS ALMIÑAS E O FOXO DO LOBO

Desta vez os nosos pasos collen cara a Pontevdra, no concello de Ponte Caldelas. Este sendeiro circular de dificultade media pasa, ó longo dos seus 11 quilómetros de lonxitude, por algunhas das paisaxes máis curiosas do río Verdugo. Dende os Pasos da Fraga e o Peto de Ánimas que da nome ó percorrido, pasando polo Foxo do Lobo, que antigamente se usaba para atrapar ós lobos e protexer os rabaños da zona. O camiño coincide parcialmente co Sendeiro Azul do Río Verdugo, unha rota lineal de 8 quilómetros que parte de Ponte Caldelas, pasando pola Praia de A Calzada, a única praia fluvial con bandeira azul de Galicia, ata os Pasos da Fraga.
DOMINGO,25 DE FEBREIRO.SAÍDA ÁS 9. OS CAMIÑOS DA AGRA. 672313183

Polo Monte Branco á beira do pirlo e o mazarico.

     Este 2026 comezamos o ano camiñando e comendo. A proposta é percorrer Sendeiro PR-G 148 polo mar de Corme e a ribeira do Anllóns , un p...