Case podiamos repetir o titular da temporada anterior, " Adeus a unha temporada para esquecer" mais, desta vez, semella que se abre unha luz e podemos agardar unha próxima máis ou menos normal.
Os camiños da Agra rematan o 20/21 probando troitas, anguías e un churrasquiño no Restaurante Río Loio e foi unha pena que non o puideran compartir maís xente pois estaba de moi bo dente. Aínda así trinta valerosas e valerosos camiñantes fechamos unha nova temporada e abrímoslle paso á do 21/22 da que vos adxunto a programación.
Un saúdo e bon verán para todas e todos !!!
Os camiños da Agra.
NOVOS SENDEIROS / NOVOS CAMIÑOS
2021 /2022
RIAÑO, AUGA E MONTAÑAS.
1- SETEMBRO. ROTA DO MIÑO, PEROXA- OS PEARES.
2-OUTUBRO (30,31,1). RIAÑO (LEÓN)
3- NOVEMBRO. CONCELLO DE VILASANTAR.
DECEMBRO, DESCANSAMOS.
4- XANEIRO. ROTA DOS MUÍÑOS EN RODEIRO, COCIDO NO CABALEIRO DE VIANA.
5- FEBREIRO. CEA – DOZÓN.
6-ABRIL. PRIMAVERA NA RIBEIRA SACRA( FIN DE SEMANA)
7- MAIO. ROTA DA AUGA, BAIO
8-ROTA DA CASTAÑA E DO MEL. COMIDA NO LOR.
http://oscaminhosdaagra.blogspot.com/
aminhavaca@gmail.com / 672313183.
Nota: nas rotas de fin de semana ou con comida as inscricións pecharanse o mércores anterior. As persoas que se dean de baixa a posteriori deberán aboar a metade do custe da saída