Os/as camiñantes da agra diríximos os nosos pasos cara a Asturies e na fin de semana do 1/2 de xuño estaremos no Parque natural de Redes.
O sábado 1 , logo das catro horas en bus, precisamos estirar as pernas e faremos "El camín del Aceu" un percorrido pola calzada romana e tamén camiño real que unía Rioseco con Campo del Casu. O tramo é curto pero nós prolongarémolo algo máis para que non diga a xente que só vimos tomar as cervexas,(arredor de tres horas de duración e dificultade media).

O domingo 2, despois da boa cea do sábado no Arnicio e duns bos almorzos,tanto no Arnicio como no Hotel A Lastra, volveremos cara a Rioseco e compartiremos cos turistas un trecho da rota do Alba que abandoaremos na ponte do Retortiu para drixirnos ao collado do Isorno. Desta rota faremos unha variante subindo por onde tíñamos que baixar e seguindo polo regato do Nozalín, cunhas paisaxes impresionantes, voltar a Soto de Agües (dificultade media/alta).
Aqui vos deixo dúas vistas do percorrido.

E para rematarmos a temporada, o 30 de xuño, logo dunha rota polo Caurel, farémoslle unha visita ao mesón Luís de Rairós e pórlle o ramo cuns entrantes da casa, troitas, anguías, sobremesas, viño de Quiroga, café e...