Punta das Tres Cruces |
Non só a punta das Tres Cruces impresionará os noso ollos alén diso multitude de cruceiros acompañarán o nos precorrido.
No porto de Rianxo a Virxe de Guadalupe dará a saída cara ás praias de Tanxil, As Cunchas ou Abuín. A partir de aquí o asfalto entorpece o noso camiñar que se verá compensado polas distintas imaxes que se ofrecen aos nosos ollos.Entre este paraxes destaca a aldea de Quintáns, situada nun lugar privilexiado do concello, á beira do río Ulla e ós pes do Monte Quintáns, a cal conserva moitas casas antigas e multitude de hórreos, ademais dunha peculiar zona, onde o embarcadoiro, na que se atopan unha fonte e un muíño bastante ben conservado, e á beira do río, o chamado Cruceiro do Cabo.
Neste tramo final do río que vai dende a illa das Brañas ata a súa desembocadura fronte a illa de Cortegada, foron aparecendo, debido ó efecto das correntes mariñas, numerosos montículos ou illotes de area. Na marxe oposta do río, atópanse as Torres do Oeste, Monumento Nacional pertencente ó municipio de Catoira, ó que se accede por unha ponte de recente construción próximo á illa das Brañas.