sexta-feira, 2 de novembro de 2018

Camiñando entre bateas.

Seguindo o noso percorrido pola Senda litoral de Arousa-Norte o mes de novembro lévanos ao concello de Póboa do Caramiñal. Mais o noso camiño empeza antes, na vila de Palmeira visitando o porto e o mirador do Castelo con espléndidas vistas sobre a ría que xa non nos deixaran en toda a camiñada.

Un agradábel paseo sen apenas dificultade e que nos levará bordeando a costa e de praia en praia até o concello de Boiro, no Escarabote.Bateas,praias, pobos mariñeiros e a música do mar de Arousa acompañarán os nosos pasos.

DOMINGO 25, SETEMBRO, SAÍDA ÁS 9.

FIN DE TEMPORADA: POLAS TERRAS DE QUIROGA

 Rematamos a temporada degustanto as troitas e as anguías no Mesón de Luís en Roiros e para abrir o apetito nada mellor que unha rota polas ...