SENDA
LITORAL AROUSA NORTE POR
RIVEIRA
A
senda percorre 37,5 km do Concello de Riveira. O punto de partida
sitúase na
Capela do
Carme en Espiñeirido
para dirixirse cara ao Faro
de Corrubedo.
Volteando
o Faro alcánzase o perímetro do Parque
Natural do Complexo Dunar de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán.
Neste tramo atópase o punto máis alto con 174 m sobre o nivel do
mar no Mirador da Pedra
da Rá dende o que se
baixa cara a Aguiño.
Como nós non imos facer toda a rota estes son os puntos fundamentais do noso percorrido: saíremos do mirador da Pedra da Rá, logo de visitar o castro da Cidá e gozar das marabillosas vistas do Barbanza e do parque natural de Corrubedo.O noso camiño vai cara a este parque natural de Corrubedo bordeando as marismas, a lagoa do Carregal e as dunas para dirixírmonos á área recreativa do Espiñeiredo onde xantaremos.

Pola
tarde agárdanos un paseo pola costa, do porto de Corrubedo até a
praia de Balieiro, pasando pola praia da Ribeira do Prado e o faro de
Corrubedo.Despois de 18 quilómetros camiñando e aínda que o
percorrido é moi doado merecémonos unha caña, que aproveite!!