O PINDO- O pasado sen teito está nese lugar.
- O temor non desterrado ó descoñecido.
- Procuramo-la bóveda nun frío mencer
- ou nun entardecer sanguiñolento,
- ata ser soamente sombras.
- O FIEIRO- A MOA- COVA DA XOANA- PEÑAFIEL- O FIEIRO
- 10 quilómetros.Dificultade media, 3/4 horas
O próximo domingo
25 de febreiro visitaremos o Olimpo dos celtas: o Pindo. Escollemos
para esta ocasión a rota máis doada que nos leva , nun percorrido
circular, polo Fieiro – A Moa – Cova da Xoana – Peñafiel-
Fieiro.
Neste percorrido de
case 10 quilómetros e de dificultade media os máis arriscados
poderán visitar a Cova da Xoana (refuxio de fuxidos e guerrilleiros)
ou subir ao Peñafiel co seu cume piramidal.
Serán entre e catro
horas de camiño no medio dunha paisaxe irrepetíbel que anda a
coller folgos despois dos últimos incendios .desde A Moa e
protexidos polo “Guerreiro” podemos ver Fisterra, a ría de
Corcubión ou as Lobeiras.
Domingo
25 de febreiro. Saída ás 9.