Despois de moito camiñar polo interior, botamos de menos o mar e nada mellor, para este reencontro, que a costa de Malpica.
Partimos dos Muiños da Ribeira
ergueitos a carón do mar, na parroquia de Ardeleiro. Moi perto temos unha cruz que nos lembra un de tantos naufraxios, habituais nesta costa, o do barco "Os Tonechos",onde morreron nove tripulantes, varios da mesma familia. Os nosos pasos continúan cara a Malpica, sempre coas Sisargas ao fronte e no pensamento Paco Souto, poeta e percebeiro, morto recentemente perto de Razo e animador da vida cultural de Malpica, concelleiro, promotor do certame de poesía erótica Illas Sisargas, editor...Sempre o lembraremos.
Seguindo a costa, chegaremos a capela das Neves ou de Santo Antón e alí comeremos e logo podemos tomar un café en Malpica, antes de continuar o camiño cara a Santo Hadrián, onde nos recollerá o autobús.
sexta-feira, 3 de novembro de 2017
Assinar:
Comentários (Atom)
Ruta ao Alto das Tres Pedras en Olveiroa.
A ruta do mes de febreiro lévanos a Olveiroa, unha aldea de Dumbría dende a que percorreremos os vales próximos e subiremos ao Alto das...
-
Comeza no museo etnográfico Casa do Patrón, no lugar de Codesedo, discorrendo o seu trazado a ambas as marxes do río Asneiro e o seu aflu...
-
Rematamos a temporada degustanto as troitas e as anguías no Mesón de Luís en Roiros e para abrir o apetito nada mellor que unha rota polas ...
-
Deste setembro de 2005 a xuño do vindeiro 2026 voltamos por os pes en marcha. O último fin de semana de cada mes (coa execpión do Nadal...


