Remata a temporada.Máis unha vez os camiños da agra levaronnos por todo o país e parte do estranxeiro.
De autobús ou camiñando percorremos arredor da Ribeira Sacra a serra do Caurel, as terras de Doade e do Amandi,os pregamentos de Campodola,fomos á feira do viño de Vilachá de Salvadur e aínda nos quedou tempo para comer un cocido,ver o río Seixo en Cerdedo e a terra dos peliqueiros,Verín e Vilardevós,onde ficamos impresionados coa fervenza da Cidadella.
Esta fin de semana pómoslle o ramo.Polas terras do Bierzo faremos a senda dos Canteiros(irían dende o Porriño)e logo, en Babia,subiremos cara á pena Ubiña e gozaremos dos vales que se abren aos seus pés.
Todo un ano percorrendo camiños.Dez saídas,unha media de 40 persoas por saída e os motoristas de viaxes Oróns que nos meteron polos recantos máis impensábeis.Bon verán para tod@s @s que non vides aa esta última rota e o resto,vémonos o sábado.
OS CAMIÑOS DA AGRA.
A temporada 16/17 está as porta:http://oscaminhosdaagra.blogspot.com.es/2016/06/normal-0-21-false-false-false-es-x-none.html
quarta-feira, 29 de junho de 2016
segunda-feira, 27 de junho de 2016
Novos camiños arredor de nós
OS CAMIÑOS DA
AGRA.
Camiñando
arredor de nós
Caurel:Alto
do Couto- Ferreirós de
abaixo.
Portugal
Monumental.
Portillón-Muíños
de A Barosa.
Santo Estevo de ribas do Miño/ A Cova(Gastronómica)
Santo Estevo de ribas do Miño/ A Cova(Gastronómica)
Rota
da escrita e do Azúmara.
Vilar
de Mouros-Augas Mestas.
Camiño
de inverno.A Rúa-Quiroga
Fin
de Semana en Ourense(San pedro de Rocas/Stª Cristina).
Anguías
e troitas en Portomarín.
Samuel
672313183
terça-feira, 7 de junho de 2016
FIN DE SEMANA EN BABIA
Coa conciencia tranquila ,a satisfación do deber cumprido e deixando os nosos votos nas mans de non se sabe quen,(esperemos que lle dean mellor uso que a última vez); preparamos as nosa botas e diriximos os pasos cara a Babia, onde se perdía Alfonso XII ou XIII,non sei moi ben.Aí vos vai a proposta:
SÁBADO,DÍA 2 ROTA DOS CANTEIROS: Ponferrada-San Miguel de Dueñas
DOMINGO,DÍA 3: Arredores de Ubiña
SÁBADO,DÍA 2 ROTA DOS CANTEIROS: Ponferrada-San Miguel de Dueñas
DOMINGO,DÍA 3: Arredores de Ubiña
A RUTA:
A ruta comeza no barrio da Vega da localidade de Torrebarrio; discorre pola rúas do pobo en dirección á igrexa, aínda que pouco antes, desvíase para tomar unha pista de novo trazado que ascende en dirección a Ubiña. Logo duns dous quilómetros de pronunciado ascenso, a ruta abandona a pista e cambia de dirección para dirixirse ao Collado do Ronzón. Este tramo, coincide coa ruta clásica de ascenso a Pena Ubiña polo que existe unha vereda máis ou menos definida marcada con fitos,moreas de pedra, que permite seguila fácilmente. Desde o Ronzón, punto máis alto da rota, contémplase unha das vistas máis impresionantes de Babia. A partir deste punto, comeza un suave descenso por unha zona de pasteiros, chamada a Veiga de Riotuerto, na que non existen camiños nin veredas, pero que está dabondo sinalizada. A veiga termina nun pequeno estreitamento atravesado polo regato do Val de Riotuerto e ao final do mesmo, chégase á Veiga de Candioches. Aquí, a rota contacta co camiño que vén desde a Casa Mieres, situada no Porto da Cubilla, desde onde se continúa descendendo por unha pista que discorre polo fondo do val de Alcantarilla ata chegar Pinos, final da ruta.
SAÍDA,SÁBADO 3, ÁS 9. /////// PREZO:SOCI@S 75 EUROS/ NON SOCI@S 80A ruta comeza no barrio da Vega da localidade de Torrebarrio; discorre pola rúas do pobo en dirección á igrexa, aínda que pouco antes, desvíase para tomar unha pista de novo trazado que ascende en dirección a Ubiña. Logo duns dous quilómetros de pronunciado ascenso, a ruta abandona a pista e cambia de dirección para dirixirse ao Collado do Ronzón. Este tramo, coincide coa ruta clásica de ascenso a Pena Ubiña polo que existe unha vereda máis ou menos definida marcada con fitos,moreas de pedra, que permite seguila fácilmente. Desde o Ronzón, punto máis alto da rota, contémplase unha das vistas máis impresionantes de Babia. A partir deste punto, comeza un suave descenso por unha zona de pasteiros, chamada a Veiga de Riotuerto, na que non existen camiños nin veredas, pero que está dabondo sinalizada. A veiga termina nun pequeno estreitamento atravesado polo regato do Val de Riotuerto e ao final do mesmo, chégase á Veiga de Candioches. Aquí, a rota contacta co camiño que vén desde a Casa Mieres, situada no Porto da Cubilla, desde onde se continúa descendendo por unha pista que discorre polo fondo do val de Alcantarilla ata chegar Pinos, final da ruta.
Assinar:
Postagens (Atom)
BENVIDO 2025: ROTA DO DUBIO + COCIDO
Como sempre para empezar o ano e liberarse das comidas do Nadal, temos a rota do cocido. Este ano tócalle á contorna de Baralla: acompañand...
-
SENDEIRISMO 2025 26 DE XANEIRO,DOMINGO; ROTA DO DUBIO.(BARALLA). COCIDO NO RESTAURANTE PRADOS DE O CORGO. 23 DE FEBREIRO. DOMINGO: MIRADOI...
-
PRIMEIRO TRIMESTRE 2024 + COCIDO TOCANDO MADEIRA RETOMAMOS AS ROTAS ONDE AS DEIXAMOS EN XUÑO: SETEMBRO 29: ROTA DAS ALMIÑAS E OS PASOS ...
-
Como sempre para empezar o ano e liberarse das comidas do Nadal, temos a rota do cocido. Este ano tócalle á contorna de Baralla: acompañand...