No concello de Vilardevo encontraremos, non só, unha preciosa rota entre castiñeiros e cunhas vista propias da "terra de arriba" ,tamén unha das mellores fervenzas de Galicia.Aí vos deixo unhas imaxes para facer boca
quarta-feira, 17 de fevereiro de 2016
As rotas do contrabando.Terra de arriba
Empezaremos polo camiño de San Rosendo para ilo completando pouco a pouco.Xa fixeramos o trecho alto da Vieira-Aquis Querquennis e hoxe tócalle, alto da Vieira-Celanova. Un paseo para estirar as pernas e preparármonos para o domingo.
No concello de Vilardevo encontraremos, non só, unha preciosa rota entre castiñeiros e cunhas vista propias da "terra de arriba" ,tamén unha das mellores fervenzas de Galicia.Aí vos deixo unhas imaxes para facer boca

No concello de Vilardevo encontraremos, non só, unha preciosa rota entre castiñeiros e cunhas vista propias da "terra de arriba" ,tamén unha das mellores fervenzas de Galicia.Aí vos deixo unhas imaxes para facer boca
terça-feira, 5 de janeiro de 2016
VILAR DE MOUROS- DOADE(ROTA CON COCIDO)
Ano novo,vida nova, dí o refrán e para empezalo con bo xeito,nada mellor que un cocidiño en Doade e un percorrido de 11 quilómetro pola Ribeira Sacra.
Imos facer un trecho da marabillosa rota Doade-Augasmestas saíndo de Vilar de Mouros cara a Doade e pasando polo impresionante mirador de Pena do Castelo.
Inmellorábeis vistas do Canón do Sil,viño de Amandi,porco e grelos da propia terra ,que máis queredes para empezar o ano ??
PD
Para a próxima temporada xa estamos preparando a 2ª parte da rota con troitas e anguías en Roirós.

quarta-feira, 23 de dezembro de 2015
ROTA DA SAÚDE
O próximo domingo, día 27, agárdanos unha das rotas máis bonitas do Courel que aproveitaremos ,como corresponde, para eliminar algunhas das graxas acumuladas nestas festas e prepararnos para as que virán.
Empezaremos cun cafe en Quiroga e cunha visita ao mirador de Campodola e logo seguiremos camiño cara a Folgoso,onde comezaremos a rota: Folgoso,castro da Torre,Sobredo e Baldomir,nomes que abren paso a unhas vistas espectaculares sobre a Pena Boa,Pía Paxaro e outros cumes do Courel.Sempre co lor aos nosos pés e co Louzara a agardar por nós.
A rota pódese facer circular con saída e chegada en Baldomir,Folgoso ou Ferreirós de Abaixo.Un pracer.

quinta-feira, 17 de dezembro de 2015
terça-feira, 1 de dezembro de 2015
Rota da saúde e do colesterol.
Recén chegados do camiño Primitivo, atravesando as terras de Paravella,A Lastra,Fontaneira e o Cádavo,acompañados por un día espléndido e unhas paisaxes marabillosas.
A rota fíxósenos corta e quedamos con gañas de máis e, que mellor que facer unha para eliminar ese produtos tan queridos e tan perxudiciais para a nosa saúde e prepararnos para as uvas e as futuras análises do colesterol que virán despois de navidades.
domingo, 8 de novembro de 2015
Polo camiño primitivo
DE PARADAVELLA AO CÁDAVO
Subindo e baixando continúamos o Camiño Primitivo que nos vai achegando a Lugo, un bo lugar para visitar a zona dos viños,probalos e acompañalos dalgunha tapiña,ben cumprida como diría o Manuel.Os nosos camiños non chegarán desta vez alá mais isto non debe impedir a vosa visita, Lugo,merécea.
Avanzando pola vertente oriental da
Serra da Lastra, entraremos nas terras do concello de Baleira, no que
destaca o casarío de Degolada, que delimitaba fai séculos o “Condado de
Naviensis”. Superando a cota 800 acadaremos o núcleo de San Xoán de
Lastra, onde os peregrinos preparábanse para o ascenso ao alto da
Fontaneira (950 m), lugar cunha igrexa adicada a Santiago.
O topónimo da Fontaneira alude a que
este é o lugar de nacemento do río Neira, e corresponde ademais á
divisora das cuncas doutros ríos: o Eo e o Navia. Na baixada á Vaganta
do Trabeiro o camiño pasa polo Monte das Cruces, que albergou no pasado
un camposanto, e continúa cara ao Campo da Matanza. Neste lugar foron
descubertos a finais do século XIX varios enterramentos e restos de
armamento que poderían derivar, segundo algunhas hipóteses, das loitas
con tropas musulmanas que se agochaban na garganta chamada A Trincheira.
Dende a Matanza, contemplando a beleza
do Val do Neira, báixase á moderna capitalidade do Concello de Baleira: O
Cádavo. Se as forzas dos camiñantes o permiten, poderíase continuar o
roteiro e, coroando a serra da Vacariza na Cruz de Pedra (840 m), entrar
en terras do concello de Castroverde e chegar ao lugar de Vilabade, que
conta con importantes elementos patrimoniais.
O roteiro ten unha lonxitude próxima aos 14 km (algúns máis se se continúa ata Vilabade).
Pode considerarse de dificultade media, polas súas frecuentes subidas e baixadas.
domingo, 4 de outubro de 2015
Era a 1ª e,NOTOUSE. !
A primeira rota da temporada prometía ser un paseo polas terras do Courel acompañados das primeiras cores do outono,que sempre é unha gozada.Mais,o calor púxonos as cousas algo complicadas,ben é certo que estabamos desentrenados e as cervexas do mediodía baixáronnos a tensión.
Tudo ben,listos para a seguinte.

Para a próxima rota como vexo que a xente quere refrescar un bocadiño,imos cara ao mar e visitaremos a costa asturiana.
Tudo ben,listos para a seguinte.
Para a próxima rota como vexo que a xente quere refrescar un bocadiño,imos cara ao mar e visitaremos a costa asturiana.
Assinar:
Postagens (Atom)
Pregamento de troitas en Quiroga
A última viaxe da temporada vai ser este domingo 28 de xuño, logo do San Xoán, e marchamos a Quiroga a comer as troitas. Ollo! Desta volta ...
-
Deste setembro de 2005 a xuño do vindeiro 2026 voltamos por os pes en marcha. O último fin de semana de cada mes (coa execpión do Nadal...
-
A ruta do mes de febreiro lévanos a Olveiroa, unha aldea de Dumbría dende a que percorreremos os vales próximos e subiremos ao Alto das...
-
Este 2026 comezamos o ano camiñando e comendo. A proposta é percorrer Sendeiro PR-G 148 polo mar de Corme e a ribeira do Anllóns , un p...