terça-feira, 27 de janeiro de 2015

Seguindo o Belelle na procura do cocido

Da mesma maneira que o señor aquel do sombreiro andaba á procura dunha arca que perdera,a xente dos Camiños da Agra marchamos ao río Belelle na procura dun cocido e, non estivo mal.Poucas veces podemos ver un río tan limpo e cunha fervenza  no seu apoxeo.
Do cocido as opinións que recollín foron bastante favorábeis e o viño debía ser bo porque até se formaron piquetes que non querían deixar saír o autobús.







Estes son os/as do piquete.Parecían xente de orde mais hoxe xa non se pode por a man no lume por ninguén.






sexta-feira, 2 de janeiro de 2015

CAMIÑANDO TRAS DO COCIDO....

Xa pasaron as festas do Nadal e camiñamos cara ao Entroido e na Casa Toñita d´As Neves,fano moi bon,polo menos esa é a sona que teñen,a min non me fagades responsábel.Iso sí,xa sei que antes de comer non perdoades unha camiñada e nada mellor que o río Belelle que nestaépoca está espectacular.
Vémonos o 25 de xaneiro!!
25 xaneiro,O ROXAL- STª MARÍA DE CABALAR,saída ás 9.









domingo, 28 de dezembro de 2014

Estando en Babia cara ás fontes do Sil

Despois dun paseo polo Val do Silencio,visitar a cova do Santo Genadio e perder tres persoas,que xa é ben dificil en Penalba,diriximos os nosos pasos cara á Babia,lugar onde estamos habitualmente, a percura das fontes do Sil e nestas....NEVOU.

Camiñando cara á cova do santo.




Á percura das fontes do Sil.O santo anterior non nos axudou moito, mais,pasámolo ben.


















segunda-feira, 8 de dezembro de 2014

Un paseo pola Terra Cha.

Antes de comezar as Navidades e un ano que nos traerá ouros portops onde amarrar.Démonos un paseíño pola Terra Cha,sempre coa lembranda do Manuel María que convertiu estes nomes ne poemas:Penas de Rodas,alto do Paraño,lagoa de Cospeito,Gaioso,Outeiro de Rei....



sexta-feira, 5 de dezembro de 2014

O NACIMENTO DO SIL

 Resultado de imaxes para rio sil

Nace en La Cueta, León, ao pé de Peña Orniz, a 1.980 metros de altitude. Após pasar polas comarcas de Laciana e do Bierzo (nesta, cruza a vila de Ponferrada), entra en Galicia pola provincia de Ourense, onde atravesa o Montefurado. Antigamente o seu leito rodeaba este monte nun percorrido de 3 km.
No seu tramo medio define a fronteira entre as provincias de Lugo e Ourense. Xúntase co Miño no lugar dos Peares. Preto da intersección entre o río Sil e o río Miño están os Canóns do Sil. O seu curso é de 228 km, pasando por vilas como Villablino, Toreno, Ponferrada, O Barco de Valdeorras, A Rúa e Quiroga. A súa conca é de 8.020 km².

quinta-feira, 6 de novembro de 2014

Entre lagoas pola Terra Cha.

O domingo,30 de novembro,unha nova rota agarda por nós,desta vez baixamos das montañas de Somiedo ás chairas da Terra Cha e faremos un percorrido lineal entre a lagoa de Cospeito e a parroquia de Lamas,perto da lagoa da Carballosa,onde nos recollerá o autobús e poderemos ver a súa igrexa e cruceiro.
Saída ás 9.

http://www.mancomunidadeterracha.com/descargas/PRG151.cospeito.pdf

Pregamento de troitas en Quiroga

A última viaxe da temporada vai ser este domingo 28 de xuño, logo do San Xoán, e marchamos a Quiroga a comer as troitas.  Ollo! Desta volta ...