segunda-feira, 29 de junho de 2015

Á PROCURA DAS FONTES DO SIL.

Non foi sen tempo, logo de varios intentos frustrados polas inclemencias metereolóxicas e outros factores imprevisíbeis,puidemos subir ás fontes ddo Sil. Alguns e algunhas ousadas continuaron camiñando cara á Peña Orniz,onde a claridade do día lles permitiu unhas vistas excelentes.
Non todo foi un camiños de rosas porque o sábado pensamos que morriamos afogados pola calor narota dos Salmóns,camiñando cara a Bemonte.nen fotos temos e os salmóns estaban toldos boqueando,mais para o nacimento do Sil o tempo deunos unha tregua e aí vos queda o testemuño.

Asturianas afeccionadas mitigando as calores do día.



O camiño e a sombra do fotógrao.


E isto é o Sil?








 Unha paisaxe impresionante.
Últimos esforzos cara ao cume.


Nas fontes do Sil presididas pola Pena Orniz,mentres os helicópteros vixían aos que buscan o cume.








Imos de baixada.A cervexa agarda en La Cueta.

segunda-feira, 1 de junho de 2015

O CAMIÑO DOS MONXES

Quedábanos unha etapa para rematar o camiño que os monxes e anacoretas percorrían cara ao Val do Silencio.Logo,estes virtuosos e santos varóns (mulleres non había),gozaban nas entrañas  destes montes Aquilianos dunha vida de recollemento e contemplación.
 Aí nos vedes,camiñantes tras dos seus pasos,parando en cada taberna para alimentar o noso espirito de peregrin@s.......Non sigo que me perdo!







Como podedes supoñer,as fotos das tabernas son confidenciais....






quarta-feira, 29 de abril de 2015

Polo Xurés cara ao Gerês

Sentíndoo moito non temos fotos de Outariz porque non as deixaban facer . É unha pena :  había algunha espléndida barriga "cervezera".
Mais logo, baixando cara a Portugal fixémos unha parada no "rocío pequeno" de Bande,
e continuamos o camiño para repormos forzas e prepararnos para a travesía Queguas- Castro Laboreiro pasando pola pena de Anamán e o Santuarió da Nossa Senhora de Numão onde algún/algunha puxeron de manifesto as súas dotes de predicadores ou de políticos.Debe ser porque estamos preto da campaña electoral.
Que deus reparta sorte para os pobres que os ricos xa teñen !!!!
Só quedan as sobras.





Estudando arqueoloxía







Oremus!!




Este ten máis cara de crego...


Vémonos o 31 polo Bierzo. Saúde!!

Por certo...Quen perdeu un paraugas?


segunda-feira, 6 de abril de 2015

Desde Ourense a Portugal 25/26 de abril

Esta fin de semana agárdannos unhas rotas moi variadas: empezaremos o 25 cun paseo polo río Miño onde non só poderemos gozar dos 14 quilómetros de ribeira, as/os amantes do baño poderán mergullarse nas distintas pozas de augas termais ou no proprio río e deste xeito tonificar os corpos preparándoos para a travesia do domingo.
 O domingo 26 logo da cea reparadora do,unha copiña e un bo almorzo colleremos cara a Queguas on de empezaremos a nosa travesia pola Serra do Xurés-Gerês até Castro Laboreiro,pasando pola Casa da Moura,pedra de Anamán e ponte dos Cainheiras-Castro Laboreiro.

Un cafezinho en Portugal e volta....o luns agarda.

SAÍDA,sábado 25, ÁS 9

Para o sábado 25,hai que levar bocata ou comer nos bares que hai a carón das pozas.Calzado cómodo, o chan está bastante duro.

quinta-feira, 19 de março de 2015

Unha boa nova.

Os amantes e defensores da natureza despertaron hoxe cunha boa noticia e,non estamos sobrados delas,Babia e o Val de Luna son declarados parque natural.Moitos parabéns aos amigos do Aposento de Babia(Maite Jose) que tanto pelearon polo proxecto.A gozar do novo PARQUE NATURAL!!!

http://www.diariodeleon.es/noticias/provincia/babia-luna-despierta-parque-natural_964845.html



quinta-feira, 5 de março de 2015

O Cmiño real do Valadouro á Fraga das Saímas

Pasiño a pasiño imos avanzando na nosa temporada de andainas,pasou o inverno e xa temos ás portas a primavera.
A rota coa que despedimos a estación non foi das mellores,subida ao Castelo entre eucalitos con vistas ao Val do Ouro con Mondoñedo ao fondo e rematando no curro de Candeoso e na Fraga das Saímas.
Iso si,o mello foi o ramo que lle puxemos coa visita ao pozo da Ferida,estaba impresionante.
Espero que gocedes coas fotos e vémonos na próxima.
Preparados para a saída



O Castelo sen electrificar




Cara ao Pozo da Ferida

Pozo da Ferida





ATÉ A PRÓXIMA:



Pregamento de troitas en Quiroga

A última viaxe da temporada vai ser este domingo 28 de xuño, logo do San Xoán, e marchamos a Quiroga a comer as troitas.  Ollo! Desta volta ...