domingo, 22 de dezembro de 2024

SENDEIRISMO 2025.


 SENDEIRISMO 2025

26 DE XANEIRO,DOMINGO; ROTA DO DUBIO.(BARALLA). COCIDO NO RESTAURANTE PRADOS DE O CORGO.

23 DE FEBREIRO. DOMINGO: MIRADOIRO DA TERRA CHÁ.

30 DE MARZO: FERVENZAS DA REXEDOIRA. VAL DO DUBRA.

27 DE ABRIL. CASTRO DA TORRE-BALDOMIR (FOLGOSO).

25 DE MAIO. CASTRO DE DOADE. LALÍN.

29 DE XUÑO : ROTA NATURAL DOS CASTROS A NIVEIRA. TROITAS NO LOR.

OS CAMIÑOS DA AGRA.
aminhavaca@gmail.com
672313183

Os socios poden pagar o ano na conta:
CAIXA RURAL
ES26 3070 0044 5063 5508 4028


quarta-feira, 18 de dezembro de 2024

BOAS FESTAS E MELLOR 2025

 Remata un ano bastante atrapallado, que o 25 sexa mellor e nos traia os camiños que desexamos.




BOAS FESTAS E MELLOR 2025!!
VÉMONOS EN XANEIRO.
oscaminhosdaagra.blogspot.com

domingo, 10 de novembro de 2024

POLA RIBEIRA SACRA. A DE SEMPRE.

 O domingo 1 decembro faremos unha rota pola Ribeira Sacra  acompañados dun dos impulsores desta denominación de orixe.

Falaranos dos camiños tradicionais que a atravesaban e de como se cultivaban as viñas cando non había maquinas nen carrteras. Coñeceremos de primeira man esta viticultura heroica no mesmo corazón da ribeira e lonxe das grandes adegas.

A final da rota xantaremos unhas empanadas  acompañadas do mencía de toda a vida: o viño de Doade.

PAR TER MÁIS TEMPO PARA FALAR SAIREMOS ÁS 8,30 DA RONDA DE OUTEIRO E FAREMOS AS PARADAS HABITUAIS.




quarta-feira, 25 de setembro de 2024

UN OUTONO POLA COSTA(DOMINGO 27 DE OUTON

 

PRÓXIMA ROTA:27 de outubro

A BARRA, NERGA, VIÑÓ/ CANGAS




Empezáremos a camiñar no complexo dunar formado polas praias de A barra, Nerga e Viñó e dirixíremos os nosos pasos cara à praia de Liméns que nos abrirá o camiño cara à capela de santa Marta, de estilo románico e restaurada no 1603, na parroquia de Darbo.No percorrido costeiro podemos aprezar varias furnas e ecosistemas dunares como o de Areamilla.


A lagoa da Congorza no espazo protexio de Punta Balea condúcenos á zona industrial de Masó, xa na entrada de Cangas. Está zona foi inagurada em 1941 e contaba com fábrica de conservas, dársenas, varadeiros, fábrica de xeo, central eléctrica de emerxencia,unha factoría baleeira e fábrica de fariña.


aminhavaca@gmail.com

672313183


quarta-feira, 28 de agosto de 2024

OS CAMIÑOS DA AGRA EMPEZAN TEMPORADA TOCANDO MADEIRA

 

PRIMEIRO TRIMESTRE 2024 + COCIDO

TOCANDO MADEIRA RETOMAMOS AS ROTAS ONDE AS DEIXAMOS EN XUÑO:

SETEMBRO 29: ROTA DAS ALMIÑAS E OS PASOS DA FRAGA. PONTE CALDELAS.

COMIDA: RESTAURANTE A PONTE:

TROITAS

CARNE AO CALDEIRO.

SOBREMESAS VARIADAS.

AUGA , VIÑO,CAFÉ, CUPITOS….



PREZO 50 EUROS CON AUTOBÙS.

OUTUBRO: CONTINUACIÓN COSTA DA VELA. CANGAS DO MORRAZO.


NOVEMBRO: POLA RIBEIRA SACRA. DOADE. Merenda na ribeira e proba dos viños de Amandi.



DECEMBRO DESCANSAMOS



XANEIRO 2025:


ROTA DO COCIDO: ROTA DO DUBIO- RÍO NEIRA. BARALLA



COCIDO NAS NOGAIS: RESTAURANTE VILLAR DE COLO.









domingo, 2 de junho de 2024

ROTA DAS ALMIÑAS E DOS PASOS DA FRAGA/SENDEIRO DO VERDUGO. 30 / xuño/ 2024

VOLVEMOS CARA AO CONCELLO DE PONTECALDELAS PARA RETOMAR A ROTA QUE NOS NOS DEIXPOU FACER A AUGA E, DE PASO, POÑERLLE O RAMO A ESTA TEMPORADA CUNHA COMIDA NO RESTAURANTE “ A PONTE”

 Faremos este sendeiro circular de dificultade media / baixa que ao longo dos seus 11 quilómetros de lonxitude lévanos por algunhas das paisaxes máis curiosas do río Verdugo. Dende os Pasos da Fraga e o Peto de Ánimas que da nome ó percorrido até vellas corredoiras que nos guian entre carballeiras pola ribeira do Verdugo.
O camiño coincide parcialmente co Sendeiro Azul do Río Verdugo, unha rota lineal de 8 quilómetros que parte de Ponte Caldelas, pasando pola Praia de A Calzada, a única praia fluvial con bandeira azul de Galicia, ata os Pasos da Fraga. 

 COMIDA :Troitas. Carne ao caldeiro. Sobremesas caseiras Viño, alga, refrescos. Café e chupitos
 AUTOBÚS MÁIS COMIDA ,50 EUROS.


 oscaminhosdaagra,blospot.com

672313183





quinta-feira, 2 de maio de 2024

25/26 DE MAIO: FIN DE SEMANA ENTRE A RAIA E AS CIES.

FIN DE SEMANA ENTRE A RAIA E AS CIES. 25/26 DE MAIO SÁBADO,25 DE MAIO.Ponteareas/ Salvaterra. • Fermosa ruta o carón do río Tea, unha ruta con sombra visitando a ponte dos Remedios, ponte das partidas e ponte de Fillaboa. Tamén pasamos polos parques forestales de Angorén, as Partidas, Abelán e Ramallás neste último tamén hai as ruinas dun muíño. Unha ruta moi agradable, tranquila e sen desnivel. A partir da ponte Fillaboa, case na dsembocadura do Miño colleremos o paseo deste río para dirixirnos cara a Salvaterra.
DOMINGO 26 DE MAIO.Liméns Costa da Vela. Non faremos o primeiro tramo de Cangas a Liméns. Liméns- Costa da Vela
QUEDAREMOS NO HOTEL AIRIÑOS DE CANGAS´. O PREZO INCLÚE A CEA DO SÁBADO. HABITACIÓN, ALMORZO E PROVISIÓNS PARA O DOMINGO.____ +SAÍDA SÁBADO 25,ÁS 9 __________________________________________ SOCIOS 90 EURO/ NON SOCIOS 95. A HABITACIÓN INDIVIDUAL TEN UN SUPLEMENTO DE 15 EUROS ( HAI MOI POUCAS). _________________________________+ INGRESO DE 50 POR BIZUM AO NÚMERO 672313183,INDICANDO NOME  E RESERVA RUTA___ OU____ POR TRANSFERENCIA Á CONTA:ES10 2080 0007 9230 0019 6788. ________________+ANTES DO MARTES 21 DE MAIO

Pregamento de troitas en Quiroga

A última viaxe da temporada vai ser este domingo 28 de xuño, logo do San Xoán, e marchamos a Quiroga a comer as troitas.  Ollo! Desta volta ...