Longo tempo aprazada pola Covid, Os camiños da Agra encamiñan os seus pasos cara as terras de Riaño para escoitar ás campás dos vellos pobos asulagados e andar entre os faiedos onde emerxen os cumes que gardan as augas do encoro.
segunda-feira, 8 de novembro de 2021
terça-feira, 29 de junho de 2021
REMATAMOS A TEMPORADA 20/21 E SAUDAMOS A PRÓXIMA , 21/22
Case podiamos repetir o titular da temporada anterior, " Adeus a unha temporada para esquecer" mais, desta vez, semella que se abre unha luz e podemos agardar unha próxima máis ou menos normal.
Os camiños da Agra rematan o 20/21 probando troitas, anguías e un churrasquiño no Restaurante Río Loio e foi unha pena que non o puideran compartir maís xente pois estaba de moi bo dente. Aínda así trinta valerosas e valerosos camiñantes fechamos unha nova temporada e abrímoslle paso á do 21/22 da que vos adxunto a programación.
Un saúdo e bon verán para todas e todos !!!
Os camiños da Agra.
NOVOS SENDEIROS / NOVOS CAMIÑOS
2021 /2022
RIAÑO, AUGA E MONTAÑAS.
1- SETEMBRO. ROTA DO MIÑO, PEROXA- OS PEARES.
2-OUTUBRO (30,31,1). RIAÑO (LEÓN)
3- NOVEMBRO. CONCELLO DE VILASANTAR.
DECEMBRO, DESCANSAMOS.
4- XANEIRO. ROTA DOS MUÍÑOS EN RODEIRO, COCIDO NO CABALEIRO DE VIANA.
5- FEBREIRO. CEA – DOZÓN.
6-ABRIL. PRIMAVERA NA RIBEIRA SACRA( FIN DE SEMANA)
7- MAIO. ROTA DA AUGA, BAIO
8-ROTA DA CASTAÑA E DO MEL. COMIDA NO LOR.
http://oscaminhosdaagra.blogspot.com/
aminhavaca@gmail.com / 672313183.
Nota: nas rotas de fin de semana ou con comida as inscricións pecharanse o mércores anterior. As persoas que se dean de baixa a posteriori deberán aboar a metade do custe da saída
quarta-feira, 5 de maio de 2021
DE OZA A BETANZOS: FERVENZAS DA REXIDOIRA E SENDA DO MENDO
Continuamos coas nosas camiñadas sen viaxar moito, mantendo as medidas de seguridade a que nos obriga o a covid- 19 e procurando prepararnos para os tempos mellores que de seguro virán.
O domingo 30 de maio os nosos pasos levarannos de Oza a Betanzos, abeirando o río Mendo, primeiro desde as fervenzas da Rexidoira e logo camiñando a súa beira até a vila de Betanzos.
sexta-feira, 2 de outubro de 2020
ROTEIROS COVID 19
Tendo en conta a situación na que nos atopamos e dado que a moitas persoas non lles apetece facer viaxes longas en bus, decidimos alterar o noso programa de rotas para o ano 2020.
Xa que non queremos renunciar ás nosas camiñadas, cambiamos as rotas previstas para este ano 2020 por outras que nos quedan máis perto, agardando que o próximo, poidamos retomar a nosa programación normal
SETEMBRO 2020: POLO RÍO DOS DOUS NOMES E A VEIGA DO MANDEO,(ARANGA).
OUTUBRO 2020: POLA COSTA DA MORTE, DE CAIÓN A RAZO ( XERMADE, CAIÓN, RAZO).
NOVEMBRO 2020 : FERVENZAS DE CARBALLO, DE RAMIL A ENTRECRUCES.
DECEMBRO 2020: PASEO POLOS ARREDORES DE PORTOMARÍN E ANGUÍAS E TROITAS NO LOIO ( Grupo reducido)
quarta-feira, 2 de setembro de 2020
DOMINGO 27 SETEMBRO/ ROTA DA CASTAÑA E DO MEL
Comezamos a rota na parroquia de Salcedo, coñecida polo seu Oso de Antroido e, desde aquí,imos baixando entre bosques até o río Lor, preto da central do Loureiro afluente seu. Logo de atrevesar o souto de Paramadela, volvemos de novo ao río para empezar o camiño de volta.
Durante o percorrido podemos ver alvarizas restauradas, soutos, o río Lor, o castro de As Laceiras e bonitos miradoiros.
- Lonxitude: 13 km aproximadamente
- Dificultade: media
- Desnivel: medio
sexta-feira, 24 de julho de 2020
O ADEUS DUNHA TEMPORADA QUE NON ESQUECEREMOS.
segunda-feira, 8 de junho de 2020
A PÓRLLE O RAMO A UNHA TEMPORADA ACCIDENTADA...: anguías e troitas en Portomarín.
Pregamento de troitas en Quiroga
A última viaxe da temporada vai ser este domingo 28 de xuño, logo do San Xoán, e marchamos a Quiroga a comer as troitas. Ollo! Desta volta ...




















