Aínda que as nosas camiñadas van de setembro a xuño para gardarnos das calores do verán, rematado o ano, tampouco está mal facer memoria.
Empezamos 2019 cun cocido en Orro, tras un percorrido desde os cumes do Xalo que, atravesando Boedo e o Val de Loureda, nos deixou ás portas do restaurante.
Febreiro levounos cara a Ponteverdra seguindo as Pontes do Lérez pero marzo touxonos de novo ao camiño de Inverno pola serra da Lastra até O Barco.
Para despedirnos do inverno e celebrar a primavera están os vales e os cumes de Redes en Asturias, as súas fervenzas, os seus ríos, os cumes e os faiedos atravesados polo corzo e o xabaril.
Non podiamos coller vacacións sen visitar o Courel e comer unhas troitas e anguias en Quiroga e alá nos fumos facer a rota do Uxío. Todo ía moi ben e xa estabamos saboreando as troitas cando, por primeira vez en 15 anos, se estropeu o autobús e as troitas tiveron que esperar.
Pasadas as calores do verán, setembro brindounos unha boa molladura para acompañar a nosa rota de Laxe a Camelle. No Outono, a Ribeira Sacra agasallounos coas súas cores, A Teixeira, Castro Caldelas, Trives, onde o hostal As Maceiras nos brindou un magosto e unha cea baile.
Despedímonos en novembro cunha visita ao Incio, terras xa visitadas polas primeiras nevadas. Decembro hai que deixalo para descansar e preparar o corpo para un novo ano: a serra do Faro agarda por nós e o Caballero de Viana contaranos como naceu o "Bravú" diante dun cocido.
Adeus 2019, benvindo 2020 !!!