OS MUIÑOS DO
RÍO SEIXO (CERDEDO)
29 DE MAIO
Trátase dunha das rutas
fluviais máis belas de Pontevedra e de toda Galicia, que percorre un
dos tramos máis fermosos do río Seixo, no municipio de Cerdedo, e
que conta cun gran número de atractivos naturais, históricos e
etnográficos que configuran un percorrido inesquecíbel para o
senderista. Nunha primeira parte desta ruta camiñaremos entre
fermosos bosques autóctonos, fundamentalmente carballos centenarios,
nunha zona moi tranquila que invita á contemplación e a relaxación,
acompañados do son do auga que corre polo río Seixo. Ademais dos
bosques, este itinerario é unha auténtica xoia etnográfica e
cultural, podendo contemplar un gran número de elementos variados
vinculados ao auga, entre os que se atopan máis de 15 antigos moiños
tradicionais, antigas pontellas (pontes tradicionais) e levadas
(antigas canles de auga). Nun ámbito histórico, percorreremos os
restos da antiga calzada romana que atravesaba Cerdedo, a súa ponte
romana, e diversas igrexas e capelas de gran valor artístico (igrexa
de San Xoán Bautista (s. XVIII) e capelas da nosa Señora de Loreto
s. XVIII, San Salvador s. XVI, Santa Catalina s.XVIII e San Antón s.
XVIII). Para rematar, accederemos á fervenza do río Seixo, nun
bonito lugar e contemplaremos belas paisaxes de todo o val.
Distancia:15 km Duración:5 horas Dificultade: Media