terça-feira, 17 de janeiro de 2017

A ribeira sacra do Miño

En primeiro lugar debemos agradecer a Manolo Graña que nos deixou este fermosos video da nosa anterior visita aos Cóbados de Belesar.Daquela os nosos paso sairon do Santo Estevo para baixar os Cóbados no noso camiñar cara ás terras de Chantada. Desta volta percorremos os camiños da marxe direita do Miño partindo do encoro de Belesar e camiñando polas vellas corredoiras(hoxe con demasiado asfalto) por onde subían os carros de viño ou uvas e hoxe pasan as máquinas das modernas adegas. No medio dunha paisaxe excepcional,sempre vixiados dende a outra ribeira polo Santo Estevo,descemos cara a Belesar entre viñas,fontes e adegas.Alí agarda por nós o tramo máis difícil,o ascenso a Diomondi polos Cóbados de Belesar seguindo o camiño aberto polos romanos q e que nos levará ao mosteiro e máis tarde ao Mesón da Cova on de poderemos recuperar os folgos e as forzas.

Nenhum comentário:

Postar um comentário

FIN DE TEMPORADA: POLAS TERRAS DE QUIROGA

 Rematamos a temporada degustanto as troitas e as anguías no Mesón de Luís en Roiros e para abrir o apetito nada mellor que unha rota polas ...